Cando chega o momento de levar o gato á clínica veterinaria non pódese manexar como se fora un can pequeno. Os gatos non gostan de sair do seu entorno familiar polo que sacalos da casa, viaxar en coche e que unhos extranos tóquenlles, supón unha situación estresante.
A maneira mais segura de trasladar un gato é no interior dun transportín , débense evitar as caixas de cartón e nunca debe viaxar solto no interior do coche.
Moitos gatos fuxen e se esconden cando ven o transportin, esto é porque non resúltalles familiar e o asocian a malas experiencias anteriores. Sentirase menos asustado se o transportín cheira a algo familiar, a súa mantita ou unha prenda que o propietario teña usado pode tranquilizalo.
Poñer ao seu dispor o transportín como parte do mobiliario habitual permitirá que explore o seu interior, escóndase nel e ata botar algunha sesta si se sitúa nos seus lugares de descanso favoritos e resultará mais sinxelo cando o queira utilizar.
En todo momento hai que falar con un ton de voz suave e non amosar tensión xa que o noso nerviosismo fará que se amose desconfiado.
Chamar á clínica para pedir cita ou informarse cando é o momento do día no que non está previsto que coincidan con cans así como comentar o motivo da consulta, facilitará que poidan atender o gato sen esperas e que teñan preparadas as posibles probas e tratamentos que poidera precisar. O veterinario, se xa coñece o gato, poderá suxerir algún fármaco ansiolítico para administrar un par de días antes da visita prevista, no caso de vacinacións e revisións que non sexan de urxencia.
Clínica Veterinaria Recatelo * Lugo