Vacinas precisas para coellos.

As vacinas dos coellos de granxa, destinados a ser consumidos despois do seu engorde durante unhos meses, son distintas ao plan de vacinas que precisa un coello para ser unha mascota san durante unha vida que rondará a década.

Debemos vacinar a estas mascotas para protexelas contra dúas enfermidades víricas mortais: Mixomatose e Enfermidade Vírica Hemorráxica.

A Mixomatose contaxiase por picaduras de mosquito, pulgas, carrachas e outros parásitos que alimentanse do sangue ou por contacto direto con coellos enfermos. O período de incubación é de 2 a 8 días e entre os síntomas inclúense: conxuntivite, inflamación nas pálpebras, nariz, boca, xenitais e a aparición de bultos ou nódulos polo corpo; a medida que a enfermidade avanza, hai secrecións mucosas que dificultan a respiración e impiden que abran os ollos e o enfermo ten dificultade para alimentarse.

É aconsellable vacinar a todos os coellos contra a Mixomatose, as vacinas clásicas inoculábanse a partires dos dous meses de idade e protexían durante 6 meses polo que recomendabase vacinar a primeiros da primavera para asegurar a proteción do coello durante a época do ano de maior risco de insectos.

A Enfermidade Vírica Hemorráxica transmítese por contacto direto con outros coellos ou coas súas secrecións. O risco para un coello que viva como mascota só é significativo se ten aceso ao aire libre, nese caso é convinte vacinalo e administrarlle unha dose de recordo anual xa que esta enfermidade é sempre mortal.

Na actualidade hai unha vacina conxunta que protexe aos gazapos frente as dúas enfermidades, require dúas doses cun intervalo de 3 semanas no primeiro ano de vida e posteriormente unha revacinación anual que lles protexerá durante un ano.

Clínica Veterinaria Recatelo * Lugo