Os gatos son unha das moitas especies que sincronizan a súa época reprodutiva coas estacións do ano nas que a natureza ofrecerá unha maior dispoñibilidade de alimentos para cando nazan as súas crías.
Os machos están en celo todo o ano pero as femias teñen varios ciclos fértiles, o máis chamativo coincide co aumento de horas de luz, cando os días comezan a facerse máis longos.As gatas poden ter o seu primeiro celo en xaneiro ou febreiro con tan só 5 ou 6 meses de idade debido ó aumento da produción de hormonas sexuais asociado ós días máis longos despois do inverno.
A xestación das gatas dura uns dous meses, se conciben a finais de xaneiro, o parto será en primavera xunto co doutras especies (paxaros, roedores…) isto é unha vantaxe para que as gatas consigan alimento e podan aleitar mellor a súa camada.
As gatas que viven en semi-liberdade, en aldeas ou rúas urbanas, son puntuais a esta chamada da natureza.
As mascotas domésticas, de piso e que viven con luz artificial poden atrasar a aparición do celo, poden sincronizalo co doutros felinos veciños que maullan ao permaneceren aptas para a reprodución todo o ano.
Durante o celo os machos felinos maullan, afían as súas uñas en lugares novos e marcan o territorio con ouriños. As femias maullan continuamente, perden o apetito, estíranse e rodan fregándose contra o chan e algunhas mexan fóra do seu caixón de area. Se durante este tempo mantemos ó noso gato pechado para que non marche a “buscar parella” estresarase, terá cambios de comportamento podendo volverse agresivo e pode chegar a enfermar.
“ANDAR Á XANEIRA” é o nome popular que describe o cambio de comportamento dos gatos que buscan parella despois do inverno.
Se temos claro que non queremos criar coa nosa mascota felina, sea macho ou femia, debemos consultar co veterinario as medidas para evitar os inconvenientes destes cambios de comportamento tan perigosos para a saúde.
Ó único método definitivo para terminar con este problema é a esterilización ou castración.
A esterilización é unha intervención cirúrxica considerada medicina preventiva que evita camadas indesexadas, maullidos, marcaxes de ouriños, tumores de mama e ovario e infeccións de útero cando as gatas envellecen.
Non é necesario que as femias teñan unha camada antes de ser esterilizadas, como se cree popularmente.
Despois da operación manteñen o seu carácter, seguen cazando ratos e xogando. Algunhas gatas moi tranquilas tenden a engordar, durante o celo perden o apetito e despois da operación comerán do mesmo xeito todo o ano, esta tendencia pódese evitar cunha dieta especial para esta nova condición e favorecendo que fagan exercicio.
A esterilización é unha intervención rutineira nas clínicas veterinarias, realizase con anestesia xeral e require dunhas horas de hospitalización. Unha gata esterilizada é unha mascota máis saudable e con maior esperanza de vida.