982 25 25 45 recatelo@recatelo.com Versión en español

Consellos sobre alimentación e coidado do Xerbo

Roedor da familia Dipodinae. Jaculus spp

  • Os xerbos son pequenos roedores cuxa característica máis distintiva son as súas longas patas traseiras. Poden medir uns 10-12 centímetros, sen contar o rabo, que pode acadar outros 10 centímetros. Teñen unha complexión esvelta, uns ollos saíntes e un pescozo pequeno que apenas se distingue da súa cabeza, que é ancha e curta. As súas orellas son pequenas e ovaladas.
  • A súa esperanza de vida adoita ser de dous a catro anos.
  • O seu peso está entre os 40 e os 60 gramos e algunhas variedades poden superar os 110 gramos.
  • Chaman moito a atención pola súa natureza dócil e amable. Son xoguetóns, pacíficos, curiosos e inquietos. Non adoitan morder a menos que se sintan verdadeiramente ameazados.  O xerbo é moi bo interactuando cos humanos, polo que se considera unha boa mascota. Hai que ensinarlles aos nenos que son sensibles e delicados, e que os movementos bruscos poden facerlles dano. É recomendable comezar a socialización en canto cheguen á casa, dende pequenos para que se acostumen a deixarse manexar e nos acepten.
  • A súa curiosidade lévao a examinar o seu entorno é habitual velo “de pé” estirado sobre as patas traseiras, atento aos cambios que se poidan producir. O xerbo é todo un deportista: é rápido, un bo saltador, capaz de levantarse máis de medio metro do chan e tamén escala.
  • O xerbo é unha mascota moi limpa que se acicala a si mesma e ao resto dos membros do grupo. Non ten un cheiro forte.
  • A temperatura ideal do ambiente debe ser de 18 ºC-28 ºC e nunca debemos deixalos expostos ao aire libre ou a correntes de aire. Séntalle ben tomar un pouco de sol todos os días para absorber vitaminas e metabolizar o calcio, pero nunca cando fai moita calor.

ALIMENTACIÓN

  • Os xerbos son omnívoros, comen de todo, do máis axeitado para alimentalos son piensos epecíficos coma o Oxbow e as mesturas de sementes para outros pequenos roedores como os hámsters que deben complementarse con sementes de paxaros (alpiste, cebada, avea, centeo, millo, trigo) tendo que eliminar as sementes de xirasol, que adoitan ser moi graxas. Ademais  podes darlle outros alimentos de cando en vez, unha vez á semana, coma froitos secos, sempre crus e sen sal.
  • Pódese complementar esporádicamente cun pequeno anaco de ovo cocido, froitas e verduras. O máis recomendable son as cenorias e as mazás, pero só dúas veces por semana.
  • Os insectos e pequenos vermes formarían parte da súa dieta natural.
  • Evita as uvas pasas, os cítricos, amorodos e outros froitos vermellos.
  • Un bo hábito é acostumar ao teu xerbo a comer preferentemente pola mañá.
  • Un detalle a ter en conta é que os xerbos teñen o costume de tapar e ocultar o seu comedero, é algo innato e farano por moito que tratemos de desfacernos dese hábito. Cando xa non teñan comida, volverán sacar o comedero de debaixo do substrato e o deixarán visible para que vexamos que necesitan comida.
  • Non debes darlles máis comida se ainda teñen, porque así sempre escollerán o que máis lles gusta comer e deixarán o resto.
  • A comida repórtase cando non hai máis e o tempo que se eliminan restos da comida anterior.

CURIOSIDADES:

  • Teñen o hábito de arrastrar o seu abdome polo chan, con ese comportamento pretenden marcar o seu territorio cunha glándula odorífera que se atopa xusto nesa zona do seu corpo. Tamén o fan con outros membros do grupo ou coa túa man se lle gustas e non che ten medo.
  • O mellor xoguete que lle podes ofrecer a un xerbo é un rulo de cartón de papel hixiénico ou papel de cociña. Seguro que te divertirás ata que o faga anacos cos seus poderosos incisivos.
  • O xerbo pásao moi ben cavando, ou polo menos intentando, porque na natureza este animal constrúe túneles que serven de madrigueras.
  • Se un xerbo está só, poñerase triste. O ideal é buscarlle compañeiro do mesmo sexo para que poida vivir feliz e non reproducirse.
  • Non debes coller un xerbo pola cola. Unha das técnicas que ten esta especie para escapar dos seus depredadores é desprenderse da súa cola, a súa vida non está en perigo pero a súa cola non volverá crecer.
  • As camadas de xerbo adoitan oscilar entre 2 e 10 individuos, aínda que raramente superan os 7. Cando se produce unha camada duns poucos individuos, a probabilidade de que morran é alta xa que non estimulan suficientemente á nai para producir leite.
  • Os xerbos machos son xeralmente máis dóciles que as femias.
 
 

Comments are closed.