Novos cachorros

 

A primavera é tempo de nacementos, as femias caninas teñen dúas épocas reprodutivas ó ano e na primavera adoitan nacer cachorros que deben mamar, alimentarse do leite materno entre as 4 e as 6 semanas. Estos cachorros ó deixar de mamar están expostos a contraer enfermidades infecciosas se non se vacinan correctamente.

As enfermidades infecciosas máis frecuentes nos cadeliños recén destetados afectan ó tracto dixestivo, ó sistema respiratorio ou poden causar secuelas neurolóxicas irreversibles que dificultarán unha vida normal cando o can sexa adulto.

A primeira vacina que se debe inocular a un cachorro é contra a parvovirose. A parvovirose, é unha gastroenteritis vírica moi contaxiosa, é frecuente que a padezan os cachorros á semana de separarse da nai e pode afectar a todos os irmáns dunha camada.

Os primeiros síntomas son falta de apetito e vómitos, ás 24 horas manifestan diarreas sanguinolentas, os cadeliños non admiten auga, alimento, nin medicamento algún por vía oral, xa que, vomitan todo o que chega o seu estómago e como consecuencia deshidrátanse rápidamente.

Diagnostícase mediante unha análise de feces e coñécese o seu pronóstico cunha analítica sanguínea.
O tratamento está encamiñado a controlar os síntomas con soro intravenoso, antieméticos e antibióticos para evitar infeccións oportunistas. Son moitos os cachorros que superan esta enfermidade sen secuelas.

O moquillo, hepatite, leptospirose e virus respiratorios completan as vacinas das enfermidades contra as que se adoita inmunizar ós cachorros caninos en Galicia.

Desparasitacións internas periódicas e tratamentos para previr as picaduras de pulgas e carrachas deben realizarse ó longo de toda a vida do can.

A implantación do microchip e apertura do pasaporte, trámite obligatorio para una correcta identificación, deben realizarse ó mesmo tempo que as primeiras vacinas para que todos os actos clínicos que realiza o veterinario podan ser anotados no pasaporte do cachorro. Este documento será o equivalente en funcións da cartilla sanitaria.

Cando os cachorros finalizan a pauta de vacinación, estarán preparados para pasear pola cidade.

Todos os cans, independentemente do seu tamaño, raza e función, deben aprender unhas normas básicas de obediencia que facilitarán a convivencia cos humanos que o rodean. A aprendizaxe iníciase coa chegada á casa, rapidamente e polo seu propio interese, o cachorro aprenderá onde durmir, comer e facer as súas necesidades. Cara ós 3 ou 4 meses ensinarémoslle a non tirar cando pasea atado da correa, a non ladrar a outros cans nin a subirse polas pernas da xente que se deteña ó seu lado e lle fale.

É tamén a esta idade cando os cachorros sustitúen os seus dentes de leite polos definitivos. As primeiras pezas que se caen son os incisivos, os colmillos farano cara os catro meses e medio e as moas ós seis meses de idade. Os propietarios habitualmente non se decatan do cambio, xa que, o pequeno dente de leite adoita ser tragado coa comida e o mesmo día que cae comeza a sair o dente definitivo. Durante este cambio á dentición de adulto os cachorros necesitan morder para aliviar a tensión que se produce nas súas encías, polo que é recomendable proporcionarlle xoguetes mordedores e será o momento de comezar o entrenamento da nosa mascota para que se deixe limpar os dentes.