Vacinas importantes para a saúde dos gatos.

As vacinas son tratamentos médicos preventivos. Inocúlanse vacinas para que o corpo do animal recoñeza virus que poden ser mortais e no caso de contaxio, xa dispor das defensas necesarias para non enfermar ou superar a enfermidade sen moito esforzo.

No caso dos gatiños que vivan en Lugo, aínda que non saian da casa, o calendario de vacinas recomendado inclúe:

-Ás 8 semanas de vida unha dose de Vacina Trivalente ou Trivalente con Clamidias se o gatiño foi recollido da rúa.

-Un mes máis tarde inocularase un reforzo de esta primeira vacina e unha dose de Leucemia Felina.

-Preto dos 4 meses aplicarase o último reforzo de Leucemia.

Anualmente, durante a revisión de saúde, valorarase que reforzos vacinais serán os mais axeitados según o estilo de vida de cada gato.

A Vacina Trivalente inclúe tres virus de enfermidades moi graves en gatos xóvenes e que poden ser potencialmente mortais:

Rinotraqueite ou Herpesvirus felino: é unha enfermidade que afecta ás vías respiratorias altas, o gato estornuda, ten mocos e conxuntivite poidendo pasar semanas ata a súa recuperación e quedando secuelas coma rinites crónicas nalgúns gatos.

Calicivirus felino: estornudos, mocos e úlceras na boca. O gato non come.

Panleucopenia: con síntomas dixestivos (vómito e diarreas) similares ás causadas polo virus de parvovirose nos cans. Gran perigo de deshidratación.

A Vacina da Leucemia Felina debe administrarse antes dos 6 meses de edad ou realizar un análise de sangue para asegurarnos que o gatiño non ten estado en contacto con este virus antes da vacina. Os síntomas son anemia e baixada das defensas, polo que será fácil que collan infección bacterianas secundarias. Os gatos que padecen Leucemia Felina non podense curar, e a maioría viviran menos de 3 anos polo que a prevención con unha vacina é o único xeito de protexelos dela.

Outras vacinas coma a do P.I.F. (Peritonite Infecciosa Felina) ou a da Rabia, recomendamos a súa administración só en determinados pacientes de risco ou que viaxen fora de Galicia.

Os gatos que viaxen precisan tamén estar Identificados con Microchip e ter un Pasaporte Oficial no que iranse anotando as vacinas contra a rabia e as revisión periódicas..

Lembrar que antes das vacinas é imprescindible unha desparasitación interna contra vermes e tenias. Para gatos ós que resulta complicado darlles medicación oral, hai desparasitacións internas en forma de spot on ou pipeta tópica que resultan igual de efectivas que os xaropes ou pastillas.

A desparasitación preventiva debe realizarse cada 3 meses , e de non ser así recomendamos, alo menos, un análise coprolóxico anual.

 Clínica Veterinaria Recatelo * Lugo