As enfermidades vectoriais son infeccións ocasionadas por parásitos, virus ou bacterias que precisan dun insecto o roedor para contaxiarse entre individuos.
Cando a un animal infectado pícalle un mosquito, pulga ou carracha, succionará a súa sangue infectada e lla transmitirá ao seguinte animal que pique.
A BABESIOSE é a enfermidade vectorial mais diagnosticada entre os cans na provincia de Lugo. Transmítese por picadura de carracha e a prevención pasa por evitar a picadura de carrachas ou vacinas que farán que non manifesten os graves síntomas desta infección.
A LEISHMANIOSE e a FILARIOSE son enfermidades vectoriais transmitidas pola picadura de mosquitos. Estase a apreciar un aumento na incidencia destas infeccións nos cans de Galicia, posiblemente polos cambios climáticos que teñen favorecido a presencia destas especies de mosquitos vectores.
A LEPTOSPIROSE contaxiase entre cans e humáns usando como vector a ratos e ratóns. Pódese previr vacinando cada ano aos cans.
Todas estas enfermidades teñen en común un periodo de incubación relativamente longo, desde varios días a meses e a existencia de portadores asintomaticos: animais que non manifiestan a enfermidade ainda que a contaxiarán cando estén presentes os vectores.
Clínica Veterinaria Recatelo * Lugo