Servizos Veterinarios en Lugo
Na Clínica Veterinaria Recatelo ofrecemos atención veterinaria completa, personalizada e de alta calidade para coidar dos teus animais en cada etapa da súa vida.
Ofrecemos programas de vacinación personalizados adaptados á raza e ao estilo de vida dos nosos pacientes, tratamentos de desparasitación que teñen en conta a prevalencia estacional dos parásitos, revisións regulares e consellos sobre a saúde da súa mascota.
Diagnosticamos e tratamos enfermidades que afectan os órganos e sistemas internos, como as patoloxías dixestivas, respiratorias, endocrinas, cardíacas e renais. O noso enfoque baséase no diagnóstico precoz e no tratamento eficaz.
Con décadas de experiencia na xestión do cancro en animais, ofrecemos un servizo especializado en oncología veterinaria. Proporcionamos servizos de diagnóstico avanzados e tratamentos como cirurxía oncolóxica, quimioterapia e electroquimioterapia, sempre priorizando a calidade de vida do paciente.
Realizamos cirurxía de tecidos brandos e cirurxía ortopédica. Contamos cunha sala de operacións totalmente equipada e empregamos técnicas avanzadas para garantir a seguridade e a recuperación dos nosos pacientes.
Somos unha clínica certificada como “Clínica Amable cos Gatos” polo ISFM. Contamos con áreas dedicadas a felinos, con salas de consulta especialmente adaptadas, difusores de feromonas e un enfoque especializado no seu coidado, deseñado para reducir o estrés e mellorar a súa atención veterinaria.
Tratamos coellos, pequenos mamíferos, aves, tartarugas e réptiles. O noso equipo está adestrado na atención veterinaria destas especies, proporcionando diagnóstico, tratamento e asesoramento especializado.
O comportamento da túa mascota é clave para o seu benestar. Avaliamos e tratamos problemas de comportamento en cans, gatos e outros animais, axudándoche a mellorar a túa relación coa túa mascota e a fortalecer o voso vínculo.
A alimentación xoga un papel clave na saúde. Ofrecemos asesoramento nutricional para cada etapa da vida e para condicións específicas como a obesidade, o cancro, as enfermidades renais e os trastornos dixestivos.
Temos o noso propio laboratorio para realizar análises clínicas rápidas e precisas, incluíndo hematoloxía, bioquímica, citoloxía e probas hormonais, o que nos permite ofrecer diagnósticos rápidos e fiables.
Ofrecemos radiografías dixitais e ecografías, que son ferramentas esenciais para o diagnóstico rápido e o seguemento estandarizado de diversas patoloxías de xeito non invasivo, así como para o diagnóstico e seguemento de embarazos.
Para os casos que requiren coidados intensivos ou monitorización continua, ofrecemos un servizo de hospital de día con instalacións deseñadas para garantir o confort dos nosos pacientes e a mellor recuperación posible.
A introdución de microchips especiais para cans de raza pequena e mascotas exóticas, termochips que, ademais de identificar á mascota, amosan a súa temperatura corporal. Tramitación do rexistro de datos de animais de compañía en REGIAC e expedición do pasaporte/cartilla asociada, o único documento oficial válido para a identificación e o movemento de animais de compañía.
A túa clínica veterinaria en Lugo
Se buscas unha clínica veterinaria en Lugo, na Clínica Veterinaria Recatelo atoparás un equipo que combina formación, experiencia e sensibilidade. Axudámosche a coidar a saúde da túa mascota, ao tempo que garantimos que cada visita sexa máis sinxela, máis tranquila e máis respectuosa.
Se tes dudas sobre algún dos nosos servizos, non dudes en consultarnos.





